A climatoloxía obriga a que “El pequeño mago” se proxecte no Centro Cívico do Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

Aínda que inicialmente estaba previsto que a praza de San Sebastián acollese mañá a proxección de “El pequeño mago”, por razóns climatolóxicas a sesión de cine trasládase ao Centro cívico do Porriño (Antigos xulgados). Será ás 22.00 h cando poidamos gozar desta película de animación escrita e dirixida por Roque Cameselle e baseada na súa novela “Bieito Dubidoso”.

A pesar de estar en pleno verán, parece que este mes de Agosto o mal tempo non dará tregua, polo que, para poder continuar con normalidade coa programación estival “Saímos á rúa” manteranse as datas e horas das proxeccións pero, en caso de choiva, trasladaranse ao Centro cívico do Porriño.

Lembrámosvos que o xoves 14 de agosto (por ser o venres festivo), no parque do Cristo proxectarase “Epic. El mundo secreto”; o venres 22, na praza interior de rúa Enrique Peinador,  “Como entrenar a tu dragón”; e finalmente o día 29, na praza da Urbanización Alameda na Avenida de Galicia, “Oliver Twist”.

7 de agosto de 2014 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.