Verán de cine no Porriño con “Saímos á rúa”
O Concello do Porriño, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Teresa Veloso, pon en marcha unha programación estival con propostas gratuítas para combater as noites de calor. Co obxectivo de dinamizar a vida social e cultural da nosa localidade, “Saímos á rúa” ofrece actividades para o mes de agosto onde o cine e o deporte son protagonistas.
Todos os venres do mes, ás 22.00 horas, as prazas de Porriño acollerán proxeccións de cine ao aire libre. O venres 1 de agosto proxectarase Epic. O mundo secreto no parque do Cristo, o día 8 será a quenda do pequeno meigo na praza de San Sebastián, o venres 22 a praza interior de rúa Enrique Peinador acollerá a proxección de Como adestrar ao teu dragón e o día 29 proxectarase Oliver Twist na praza da Urbanización Alameda na Avda. de Galicia.
Por outra banda, para todos os que queiran facer exercicio, cada luns e mércores do mes de Agosto ás 21.00 horas, impartiranse clases grupales de ximnasia ao aire libre no parque da Trav. do Matadoiro.











