publicidade hoxe

Uns 60 veciños de Pazos de Borbén participan na excursión ao balneario de Augas Santas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+
Veciños de Pazos de Borbén no balneario de Augas Santas

Veciños de Pazos de Borbén no balneario de Augas Santas

Pasar un día diferente, relaxante e moi divertido era o obxectivo dos 60 veciños de Pazos de Borbén que hoxe participaron na excursión ao Balneario de Augas Santas organizada polo Concello. Unha saída na que ademais de gozar dun circuíto de auga polas termas e unha fantástica comida, os asistentes visitaron outro dos emblemas da Ribeira Sacra, unha adega.

A excursión comezou á primeira hora da mañá coa saída do autobús desde a Praza do Concello en Pazos. Cheos de ilusión por pasar un día especial, os veciños centraban os seus comentarios na diferenza entre esta actividade e o resto de excursións dispoñibles nestas datas. “O mellor desta viaxe é que realmente podes descansar”, comentaba unha das mulleres participantes. Ao mediodía xa estaban a gozar do circuíto termal en Augas Santas e as súas variadas piscinas, hidromasaxes zonas de relax.

Ao redor das dúas da tarde desprazáronse a un comedor próximo no que degustaron un variado buffet libre que incluía diferentes entrantes, embutidos, carnes, peixe e unha ampla oferta de sobremesas, bebidas e infusións. A continuación, e despois dun breve descanso, os veciños de Pazos visitaron outro dos grandes atractivos da Ribeira Sacra, unha adega. Grazas a un relaxante paseo a través dos viñedos e as instalacións da adega, os visitantes foron testemuñas da antiga tradición vitivinícola da zona e mergulláronse na cultura da enoloxía, descubrindo peculiaridades e técnicas descoñecidas para moitos sobre o cultivo da vide e a posterior elaboración dos caldos.A visita terminou co regreso do autobús a Pazos de Borbén sobre o oito da tarde, onde os veciños despedíronse remarcando o acerto desta saída e emprazándose para as seguintes visitas.

16 de xullo de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.