Uns 30 veciños de Palmeira participaron nos cursos de alfabetización dixital

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

Preto de trinta veciños participaron nos pasados dous meses nos cursos de alfabetización dixital desenvolvidos en Palmeira, cuxa clausura tivo lugar no serán de onte.

O alcalde Manuel Ruiz; o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Emilio Pérez e o axente TIC, Abel Alonso, tomaron a palabra durante este acto de peche que rematou coa entrega de diplomas aos alumnos asistentes. Entre eles, a edil Maricarmen Vizcaya.

Tanto as clases como o acto de clausura tiveron lugar na sede da Sociedade Hijos de Palmeira, despois do acordo de colaboración alcanzado entre esta entidade e o Concello, que permitiu habilitar na instalación unha aula de informática con material procedente da antiga Aula Multimedia situada no Malecón de Riveira, ao tempo que en contraprestación se abriu a celebración destes cursos a calquera veciño da localidade con independencia de pertencer ou non á citada sociedade.

Cabe lembrar que a pasada semana se clausuraron tamén no Lustres Rivas os cursos de informática celebrados en Riveira, Oleiros e Castiñeiras.

2 de xullo de 2014 | 12:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.