Unha vintena de eventos sucederanse en Riveira no marco do programa da Fiestra da Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Ata vinte eventos de carácter cultural sucederanse este verán no municipio de Riveira dentro do programa de actos da Fiestra da Cultura 2014 de Riveira, organizada polo Concello coa colaboración de distintas entidades e asociacións.

A concelleira de Cultura, Elvira Pisos, foi a engarcada de pormenorizar o calendario de eventos, acompañada dos técnicos municipais Elvira Pisos e Chiki Durán.

PROGRAMA:

CONCERTO DE PIANO A CARGO DE MINE KAWAKAMI

Venres 25 de xullo.

Na Igrexa Parroquial de Riveira, ás 21:00 h.

Organizan Cáritas Parroquial de Riveira e Concellería de Cultura e Festexos.

FESTA RACHADA NA HONRA DE ALEX VIDAL

Sábado 26 de xullo.

Porto de Castiñeiras, ás 19:00 h.

Organiza Asociación A Redonda Vella e colabora a Concellería de Cultura e Festexos.

CONCERTO DE MCKUIN (TRIBUTO A QUEEN)

Xoves 31 de xullo.

Na Praza de España, ás 00:00 h

Colabora: Deputación Provincial da Coruña: Rede Cultural

CONCERTO DE LA BANDA DEL CAMIÓN

Venres 1 de agosto.

Na Praza de España, ás 00:00 h

Colabora: Agadic, Cultura no Camiño

DÍA DA FLOR

Domingo 3 de Agosto

Coroación de Raíñas, no Adro da Igrexa, ás 19:00 h

Desfile de carrozas polas rúas de Riveira acompañado do espectáculo de animación “Rúactiva”, de charangas e outros grupos musicais.

Saída ás 20:00 horas da explanada da Lonxa de Riveira, percorrendo a Rúa de Galicia, Rúa Romero Ortíz e Paseo do Malecón ata o seu regreso novamente á rula municipal.

CONCERTO DE QUEMPALLOU

Domingo 3 de Agosto

Na Praza de España, ás 23:00 h

Colabora: Deputación Provincial da Coruña: Rede Cultural

CINE EN GALEGO

Sábado 9 de Agosto, no Malecón (Palco de Pedra)

Encontros co cinema galego, 21:30 h.

Proxección do filme “Encallados” de Alfonso Zarauza, 22:30 h

Organiza Concellería de Educación e Servizo de Normalización Lingüística de Riveira)

MINIFEIRAS DE ARTESANÍA DE GALICIA

Domingo 10 de Agosto

No Malecón (Palco de Pedra), de 11 a 21 h.

Organizan: Asoc. Galega de Artesáns, Fundación Centro Galego da Artesanía e o Deseño e Concellería de Cultura e Festexos.

I FESTIVAL ENTRE FOLCLORES DE TAHUME

Venres 15 de Agosto

Olveira, ás 21:00 h

Organizan: Grupo de Danza e Música Tradicional Tahume de Olveira e Concellería de Cultura e Festexos.

ESPECTÁCULO DE DANZA GALEGA A CARGO DE AIRES DE DORNA DE RIVEIRA

Sábado 16 de Agosto (madrugada ao domingo 11)

Na Praza de Otero Goyanes, ás 22:30 h.

Organizan: Asociación Aires de Dorna e Concellería de Cultura e Festexos.

FEIRA DO PEQUENO COMERCIO DE RIVEIRA-VIAMARE

Do 15 ao 17 de Agosto.

Paseo do Malecón, todo o día.

ESPECTÁCULO PISTACTIVA

Xoves 21 de Agosto.

Paseo do Malecón (Palco de Pedra), ás 21 horas.

Colabora: Agadic, Cultura no Camiño

GALA-ESPECTÁCULO “VERBENA GALEGA”

Venres 22 de Agosto

Na Paseo do Malecón (Palco de Pedra), das 22:00 ás 03:00 h.

Presentada por Luis Iglesias (de series como Matalobos ou obras de teatro como Sede de mal, etc) e coas actuacións dos grupos Coanhadeira (Folk), Os Cuchufellos (Pachanga-Bravú) +Picadiscos galegos.

Colabora: Deputación Provincial da Coruña: Rede Cultural

ARTEMAR RIVEIRA 2014 – Mostra do Mar e Artesanía

Venres 22, sábado 23 e domingo 24 de Agosto.

De 11:00 a 15:00 e de 18:00 a 01:30 h por TODA A CIDADE.

Prazas do Concello, España, Pablo Neruda e Palco de Pedra. Rúas de Santa Uxía, Galicia, Manuel Lustres Rivas e Paseo do Malecón.

Cultura mariñeira, náutica, arte, gastronomía, productos exóticos, exhibicións, demostracións, asociacionismo, animación de rúa, música tradicional, obradoiros infantís, degustacións, exposicións, circo ambulante, contacontos, espectáculos, concurso de escaparates e decoración e moito máis…

ARTELLO TEATRO: CINDERELLA MIX

Venres 29 de Agosto.

Auditorio Municipal, ás 11:00 h.

Colabora: Agadic, Cultura no Camiño

CICLO DE GAS NATURAL FENOSA DE CINE ITINERANTE DE GALICIA 2014: ÁGUILA ROJA coa presenza de Francis Lorenzo.

Venres 29 de Agosto.

Praza de España, ás 22:30 h.

Nota: En caso de choiva será no Auditorio Municipal en dous pases, ás 20 e ás 22 h.

Organiza: A Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España e Concellería de Cultura e Festexos.

MACROFESTA INFANTIL DA POPULACHADA

Sábado 30 de Agosto.

Praza de España, de 12 a 14 e de 17 a 20 h.

FESTIVAL SALSA NA RÚA

Sábado 30 de Agosto.

Praza de Vigo e Paseo do Malecón, todo o día.

Organizan: Asociación Haveira, Escola de Baile El Tomasón e Concellería de Cultura e Festexos de Riveira.

ACTUACIÓN DA RONDALLA SONIDOS DEL ALBA, DE FERROL

Domingo 7 de Setembro.

Auditorio Municipal, ás 21 h.

Organiza: Asociación de Amas de Casa de Riveira, Rede Cultural da Deputación de A Coruña e Concellería de Cultura e Festexos.

FESTAS DE SANTA UXÍA DE RIVEIRA

Xoves 11 e Venres 12 de Setembro, todo o día.

Ruadas, animación, espectáculos, xogos infantís, actos relixiosos e procesións, verbenas…

Colabora a Parroquia de Santa Uxía de Riveira.

Nota: en caso de choiva as actividades e espectáculos de rúa, que as súas condicións o permitan, realizaranse no Auditorio Municipal de Riveira; entrada libre e de balde ata encher aforo –as entradas poderanse retirar ½ h antes do espectáculo-.

24 de xullo de 2014 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.