Unha escultura en forma de agulla de 7 metros de altura homenaxeará ás redeiras de Aguiño
Unha gran escultura de sete metros de altura en forma de agulla vai servir para brindar unha homenaxe ás redeiras e redeiros como mostra de agradecemento pola súa contribución ao desenvolvemento pesqueiro do municipio.
O monumento, que será realizado en pedra de Barbanza con acabado abuxardado fino e situado en zona portuaria, será descuberto e inaugurado no transcurso da Festa do Percebe de Aguiño. Concretamente, na súa primeira xornada, programada para o día 26 de xullo.
A falla de ultimar a programación deste acontecemento festivo, que cumpre a súa décimo oitava edición, o acto de descubrimento está previsto para as 21 horas.











