Un espectáculo de monicreques abre a segunda xornada das festas de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Espectáculo de monicreques

Espectáculo de monicreques

Unha actuación de monicreques na praza do Concello serviu para arrancar a segunda xornada das Festas do Verán de Riveira. Numerosos rapaces congregáronse neste espazo para asistir a esta mañá ao espectáculo ofrecido por Duendesico Teatro, co título “Chonfli quere ser artista”.

Previamente, a noite de onte deu moito de si pois, despois do pregón protagonizado polo riveirense triple campión mundial de parataekwondo Álex Vidal, unha praza de España abarrotada deu cabida a un concerto do fenómeno adolescente Auryn.

As festas proseguirán esta noite cunha verbena no paseo do Malecón amenizada pola Orquestra Tango e a espectacular actuación na Praza de España da banda McKuin, que tocará os máis coñecidos temas da mítica formación británica Queen.

Programa de mañá

O calendario de actos festivos de mañá contará cun concerto da Banda de Música Municipal de Lousame na praza da Igrexa (10.30 horas) e unha Festa Infantil de Verán na praza do Concello (11 horas), que incluirá inchables, lambetadas, etc…

E os espectáculos da noite terán catro puntos da cidade como epicentros. Así, ás 21 horas a praza do Concello acollerá un concerto do grupo local Espazo en Branco; ás 22.30 horas o paseo do Malecón dará cabida á actuación da orquestra Passarela; ás 23 horas a praza de españa ofrecerá o concerto de La Banda del Camión e, finalmente, ás 00.30 horas o parque García Bayón albergará á Orquestra D’Moda

31 de xullo de 2014 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.