Un cento de veciños de Pazos de Borbén participaron nunha excursión ao Aquapark

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+
Visita de veciños de Pazos de Borbén ao Aquapark

Visita de veciños de Pazos de Borbén ao Aquapark

Máis de cen veciños de Pazos de Borbén participaron onte na excursión ao Aquapark organizada polo Concello dentro do seu programa de actividades de verán. Co sol presidindo a xornada e as piscinas e atraccións do Aquapark de Cerceda agardándoos, a saída transcorreu entre risas e xogos. Mentres os pequenos divertíanse cos interminables tobogáns, os seus pais gozaban dunha relaxante xornada estival nun día festivo para toda a familia.

A actividade estaba subvencionada parcialmente polo Concello de Pazos de Borbén que se facía cargo do transporte até o parque acuático polo que os asistentes só fixéronse cargo do custo da comida e a entrada ao recinto. As actividades de verán do Concello de Pazos de Borbén continúan todas as semanas coa preparación do Festival de Verán que este ano se celebrará o 14 de setembro no Salón de Actos da Casa do Concello.

28 de xullo de 2014 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.