Tres cativos saharauis pasarán o verán en Riveira co programa de acollida Vacacións en Paz

Os cativos saharauis que pasaran o verán en Riveira
Xa é toda unha tradición que os nenos saharauis que van pasar estes meses de verán en Riveira sexan recibidos polo alcalde no Consistorio Local. Este ano son tres os cativos (dúas nenas e un neno) que dende o pasado 7 de xullo e ata a primeira semana de setembro recalan no noso municipio no marco do programa de acollida Vacacións en Paz, auspiciado pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
Dous dos pequenos repiten estancia: Ayeba Mohamed e Bubakersadig Salama Mohamed Lamin; en tanto que Farra Mohamed Lamin recala por primeira vez no noso concello.
As familias de acollida están compostas por María del Pilar Laranga Santos e Francisco Rego Sobrido (para Ayeba), Beatriz Paz Cadabal e Cipriano Pozas Pérez (para Buba) e Manuela García García e Francisco González Chouza (para Farra).
Manuel Ruiz tivo oportunidade de conversar con estas familias sobre os aspectos máis humanos desta iniciativa solidaria de acollida temporal. Ademais, os pequenos recibiron de parte do Concello uns pequenos agasallos consistentes en diverso material escolar e deportivo.











