Riveira aproxima a administración ao cidadán coa ordenanza de acceso electrónico a servizos municipais
O Concello de Riveira informa da aprobación con carácter definitivo da Ordenanza Reguladora do Acceso Electrónico Aos Servizos Municipais, segundo publica o Boletín Oficial da Provincia na súa de edición de hoxe.
A aprobación desta normativa supón dar un paso máis cara á efectiva implantación da administración electrónica no municipio.
O texto da normativa fora aprobado por acordo plenario o 28 de abril e, tras abrirse o correspondente trámite de información pública por un período de 30 días, non se presentou ningunha reclamación ou alegación.
Entre as novidades que entraña o contido da ordenanza, figuran a posta en marcha de oficinas de atención presencial, libres e gratuítas, onde prestar asistencia en canto ao acceso electrónico do cidadán aos servizos públicos; a creación de puntos de acceso electrónico; e a dotación dun servizo de atención telefónica gratuíta dende o que facilitar información e asistencia técnica; así como a creación da sede electrónica http://sede.riveira.es e dun rexistro electrónico xeral para a recepción e remisión de solicitudes, escritos e comunicacións.











