Recital poético no Lustres Rivas de Riveira

Recital poético
O Centro Cultural Lustres Rivas viviu a última hora da tarde de onte unha dobre evento consistente na clausura do Curso de Escritura Creativa que estivo a impartir o profesor Xabier López Marqués e un recital poético ofrecido polo noiés Manuel L. Rodrigues.
Unha vintena de persoas animáronse a presenciar esta proposta, promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Riveira e a Concellería de Educación. Tras a entrega de diplomas conmemorativos aos asistentes ao curso de vinte horas de duración, o bardo deleitou ao público cunha escolma do seu libro “Antítese Nativa”, intercalado coas propias impresións do autor sobre a arte poética.
O evento finalizou cunha intervención do alcalde Manuel Ruiz, presente no acto, ao igual que a concelleira Maricarmen Vizcaya e a responsable municipal de Normalización Lingüística, Alicia Padín.











