Ramón Picayo gaña o Campionato Provincial de Caza San Huberto celebrado en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Entrega do premio a Ramón Picayo

Entrega do premio a Ramón Picayo

O ferrolán Ramón Picayo proclamouse vencedor na categoría sénior do Campionato Provincial de Caza San Huberto, que disputou o pasado domingo en Chans de Filgueira, no monte Curota. Na categoría de Damas ganou a riveirense Sita González, mentres que en Springel o triunfador foi Eloy Rodríguez, tamén de Riveira.

Cabe lembrar que a disputa desta proba tivo lugar o día 13 despois de que fose posposta anteriormente pola néboa.

Segundo en categoría Sénior foi Fernando Mango, seguida de Jorge Martín, Belisario Bertoa, Pedro Nieto, Antonio Olveira e Serafín Corral. Segunda na modalidade de Damas foi Sandra Rodríguez.

16 de xullo de 2014 | 12:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.