Proxectase no Porriño a película “Os Croods”
A praza de San Sebastián en Porriño acollerá o vindeiro martes, 22 de xullo, ás 22.00 horas unha sesión de cine ao aire libre como noutras ocasións por esta época, pero coa peculiaridade, neste caso, de que é en gran formato, con pantalla de 14×9 metros. A película proxectada será “Os Croods”, un filme de animación e aventuras para todos os públicos. O evento está organizado por Gas Natural Fenosa en colaboración coa Concellaría de Cultural do Concello de Porriño que dirixe Teresa Veloso.











