O Porriño celebra a festividade de San Benito

Presentación das Festas de San Benito
O Porriño celebra os días 10 e 11 de xullo as súas festas en honra a San Benito. A programación presentábase esta mañá na Casa Consistorial coa presenza do alcalde Nelson Santos, o concelleiro de Festexos M. Alejandro Lorenzo e as dous integrantes da Comisión de Festas: Dori Losada e Puri Lourido, a quen desde o Concello agradecen a súa implicación e todo o esforzo realizado nos últimos anos para conseguir que se celebren estes festexos.
Os actos darán comezo a tarde do xoves día 10, a partir das 19.00 horas, con animación de rúa e, pola noite, verbena a cargo da orquestra Anduriña.
Xa o venres 11, día grande e festividade local, celebraranse os actos relixiosos que darán comezo ás 09.00h, sucedéndose ás 10.00 e 11.00 horas na capela de San Benito, e ás 12.00 horas Misa Solemne na Igrexa de Santa María con procesión e a continuación realizarase a tradicional poxa. A nota musical poraa a Banda de Música Municipal de Redondela que ás 10.30 horas realizará uns pasarúas, acompañará despois á procesión e logo ás 20.00 horas ofrecerá un concerto diante da capela. Durante a tarde haberá, de novo, diversas actividades de animación de rúa. Xa pola noite, a partir das 21.30 horas, a verbena estará amenizada pola orquestra 5ª Avenida e ás 00.00 horas, o show de Afasto Stivel.
A festa proseguirá o fin de semana con Porrigalia e os I Xogos Olímpicos, xornadas cheas de actividades cuxa programación será presentada oficialmente este luns, ás 13.00 horas na Casa Consistorial.
A actuación estrela: Afasto Stivel
Afasto Stivelfundó, xunto con Ariel, Julián, Manolo e Felipe, o grupo de rock Tequila, autores de himnos xeracionais como Salta!!, Dime que me quieres, Rock & Roll en la plaza del pueblo ou Quiero besarte. A banda hispano-arxentina pioneira do rock en castelán permaneceu en activo con gran éxito de 1977 a 1982, tempo no que publicaron catro discos. Tras a súa disolución, en 1983, Stivel dedicouse de cheo á produción discográfica de artistas. No ano 2008, planeou xunto a Ariel, a volta de Tequila, afrontando unha nova etapa, foron dous anos en xira e máis de 60 concertos. En 2011 debuta como solista co seu disco en solitario Decíamos ayer.











