O percebe de Aguiño servirase en pratos elaborados de forma tradicional
Este ano, dende a organización, apóstase por servir o gran manxar de Aguiño nunha vaixela especial grazas ao emprego de pratos da alfarería de Buño, de xeito que os comensais que se acerquen ao peirao poidan degustar o percebe e ademais levarse un agasallo desta xornada, ao mesmo tempo que se favorece o mantemento dun oficio tan tradicional como é a alfarería. Outras das grandes novidades deste ano é nomeamento de tres percebeiros de honra: Rosa Quintana, Conselleira do Medio Rural e do Mar; a Confraría de Aguiño, impulsores desta festa; o experto en turismo Domènec Biosca. Dito acto de investidura terá lugar o sábado ás 22:45, coincidindo na mesma xornada a inauguración do monumento ás redeiras sito zona portuaria de Aguiño.
No tocante ao apartado gastronómico, como complemento porase a disposición dos asistentes a Tapería da Ría, un servizo gastronómico, que se realizará o sábado a partir das 20:30 horas e o domingo ás 13:00 horas onde se ofrecerán arroces mariñeiros, polbo á feira, croquetas con sabor a mar e empanadas, entre outros, a prezos populares. Dende a organización apóstase por integrar tamén unha Taberna Galega, onde destacará de xeito especial a procedencia de orixe galega dos viños, así como a oferta de saborosos cocktails mariñeiros.
Como non pode ser doutro xeito, nesta edición terase en conta aos máis pequenos/as, para iso disporase de inchables, así como dunha ludoteca infantil na que elaborarán distintas manualidades relacionadas co mar. En definitiva, unha festa cunha oferta de actividades para tódolos públicos.











