O noiés Manuel L. Rodrigues ofrecerá un recital poético no Lustres Rivas
O Centro Cultural Lustres Rivas vai dar cabida este xoves 17, ás 21 horas, a unha nova actividade promovida polo Servizo Municipal de Normalización Lingüística: un recital poético desenvolvido polo creador noiés Manuel L. Rodrigues.
O acto terá lugar ás 21horas no salón de actos da infraestrutura. Baixo o título “Antítese Nativa”, o poeta lerá extractos da súa obra para todos cantos desexen disfrutar desta proposta. O acceso será libre e gratuíto.
Escritura creativa
De igual xeito, o evento servirá para poñer o colofón ao curso de escritura creativa que está a impartir Xabier López Marqués a través da entrega de diplomas á quincena de asistentes.
Nacido en Noia en 1978, Manuel L. Rodrigues foi cofundador e membro do Colectivo Literario Sacou. O seu primeiro libro foi “Antítese Nativa” (gañadora do XIV Premio de poesía Suso Vaamonde), ao que segue “21 poemas por man propia” (editado na Colección Bourel). Así mesmo, é o fundador da iniciativa editorial Acha Escrava Editora.











