O interese cidadá prolonga a mostra de Che Tembra no Centro Lustres Rivas de Riveira
O Concello de Riveira informa de que a exposición “Historia da Memoria”, do artista rianxeiro Che Tembra, prolóngase no Centro Cultural Lustres Rivas ata o xoves 3 de xullo.
Estaba previsto que a exhibición desta mostra concluíse o pasado 28 de xuño, pero a propia demanda da cidadanía, que se puxo en contacto co Departamento de Cultura para solicitar a principios de xullo a ampliación do prazo de exposición, fixo que dende o Concello se tomase esta decisión.
A día de hoxe rondan as cincocentas as persoas que se achegaron polas instalacións municipais situadas na rúa Lustres Rivas para contemplar a iniciativa, promovida pola asociación Barbantia.
A partir do vindeiro luns comezarase a montar unha nova exposición, a X Bienal de Pintura Eixo Atlántico, que será inaugurada o 9 de xullo.











