O curso de escritura creativa no Centro Lustres Rivas de Riveira conta con 15 participantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Un total de quince veciños inscribíronse no curso de escritura creativa “24 horas facendo literaruta” que se está a realizar dende hoxe no Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira.

Promovido polo Concello a través do Servizo Municipal de Normalización, o curso está sendo impartido polo profesor Xabier López Marqués.

A iniciativa pretende aprenderlle aos asistentes –todos eles maiores de 16 anos- a escribir textos literarios, preferentemente líricos, partindo de presupostos xerais e básicos. Máis especificamente, ensínase a diferenciar un feito literario do que non o é, a como escribir dende a subxectividade e dende a obxectividade, a practicar e mellorar a competencia na escritura creativa e a potenciar o galego como lingua de prestixio literario.

As clases desenvolveranse esta semana e a próxima, de luns a xoves, de 10 a 13 horas.

Xabier López Marqués é doutor en Filoloxía Hispáinica e profesor de Lingua e Literatura Española nun instituto de secundaria. Entre a súa obra figuran Entonces aún era mañana (1979), Pensando en aquellos tiempos (1980), Borges: poesía última (1986), La poesía estridentista mexicana (1994), Polos mares das améndoas (2000), Das paisaxes esquecidas (2003), Tránsitos (2006), Chafariz ( 2014) ou O test de Kandinsky (2014) , entre outras creacións.

7 de xullo de 2014 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.