Marcos Vila Santos proclamouse Campión galego junior no Campionato Galego de Boxeo
O pasado sábado o púxil da Escola de boxeo “El canario” Marcos Vila Santos proclamouse Campión galego junior no Campionato galego disputado en Marín, nun combate moi rifado contra o boxeador Berto, do Club Simón de Vigo. Aos seus 17 anos isto permitiralle viaxar formando parte da Selección galega de boxeo ao Campionato de España que se celebrará en Murcia do 6 ao 9 de agosto. O traballo, duro e constante, realizado durante este ano e medio está a empezar a dar os seus froitos con esta oportunidade de medirse cos mellores competidores do panorama nacional na súa categoría.
Marcos Vila: “Estou moi contento e ilusionado por que me permitiron formar parte da Selección e ir a Murcia con todas as ganas para dar o mellor de min e tentar traer unha medalla para Galicia e a primeira de boxeo para Riveira”
Israel “El canario” (adestrador): “Estou convencido de que Marcos se esforzará ao máximo para chegar todo o máis alto, pois así o leva demostrado en cada adestramento. A constancia, dedicación e as súas ansias de mellora fixéronlle evolucionar moito en toda esta tempada, aínda que estou seguro que si o seu empeño segue así vai ser o mellor púxil barbancés que teñamos nos próximos anos”











