Mañá remata o prazo para apuntarse no proceso selectivo para contratar 4 condutores de camións motobomba en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira prosegue con contratacións laborais para este verán a través da apertura dun novo proceso selectivo, nesta ocasión para designar a catro condutores de vehículos motobomba para a prestación do servizo de prevención e defensa contra os incendios na tempada estival de 2014.

As solicitudes para tomar parte neste proceso presentarase no Rexistro Xeral da Corporación. O prazo conclúe mañá.

Oposición libre

O sistema de selección será de oposición libre, consistente na realización de dous exercicios: unha proba escrita con preguntas tipo test ou ben unha proba práctica de manexo do camión motobomba (a realización dunha ou doutra proba dependerá do Tribunal Cualificador) e unha entrevista.

Os contratos formalizaranse baixo a modalidade de duración determinada, cunha xornada completa de 40 horas semanais que se prestarán segundo as necesidades e organización do servizo, en quendas de mañá ou de tarde, todos os días da semana.

 

7 de xullo de 2014 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.