publicidade hoxe

Losqueada faise coa IV Regata Cabos do Norte no Club Náutico de Sada na categoría ORC-A

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSada
A-
A+

Este domingo 20 de xullo, tivo lugar a entrega de premios da IV Regata Cabos do Norte no Club Náutico de Sada, patrocinada por CORETI, Mariña Varadero, Infiniti, Gadis e coa colaboración doutras moitas empresas locais e do sector da náutica deportiva.

A regata transcorreu entre Sada e a Illa da Coelleira xa en augas do Cantábrico, consentindo o percorrido en virar a citada illa e regresar a Sada, un periplo de máis de 120 millas náuticas, que a converte na proba máis longa do panorama náutico galego e unha das maiores de toda a península.

A saída levouse a cabo o sábado pola mañá e os primeiros chuvascos non tardaron en caer para facer, se cabe, aínda máis dura a regata, dado que as tripulacións tiveron que soportar o percorrido coas súas indumentarias molladas desde o primeiro momento. Os fortes ventos do suroeste romperon as previsións típicas para esta época do ano, permitiron unha regata moi rápida aínda que non o suficiente para bater o record da proba. As condicións foron moi duras, con zonas de encalmadas e chuvascos que disparan refachos de até 35 nós, de feito un chuvasco amagou o formarse un pequeno tornado que non chegou a callar para a tranquilidade da flota. Non só o vento foi protagonista xa que algúns barcos puideron divisar un cetáceo de grandes dimensións e outros barcos foron asaltados por un banco de peces lúa dos que algún terminou en cuberta como un tripulante máis.

Ao longo do percorrido, a flota foise estirando e creáronse dous grupos claramente diferenciados aínda que todos os barcos conseguiron virar a Illa aínda con algo de luz no horizonte. O regreso cara a Sada, xa baixo o manto da noite foi moi intenso e os barcos alcanzaban as súas puntas de máxima velocidade.

Os primeiro barcos puidéronse ver o amencer xa en augas da ría de Sada tras pouco máis de 18 horas de navegación e 23 horas para os últimos. O comité de regatas seguiu a proba en tempo real grazas ao sistema de localización instalado en todos os barcos e mantendo en todo momento contacto cos patróns con chamadas de control.

Tras unhas poucas horas de descanso, os participantes déronse cita na sede do Club Náutico para levar a cabo a entrega de premios, que ademais dos trofeos e a inscrición no trofeo do Club, este ano entregáronse cheques para material náutico dunha contía total superior aos 1300€. A cerimonia de entrega de premios estivo dirixida polos propios regatistas, membros da asociación do RANC, Luís Fernández Vilela de CORETI e representantes de Infinity. Finalmente as clasificacións resultaron da seguinte forma:

Categoría ORC-A, 1º LOSQUEADA de Francisco Edreira polo C.N de Sada, seguido do GOMEZ e o MIRFARK.

Categoría ORC-B o primeiro posto foi para RAYGRASS de Ton Nuñez, seguido de MELTEMI e MACHICHACO .

Categoría A-DÚAS o primeiro posto foi para o G-10 de J. Naya seguido polo MENUDETA E CHARLIE B.

Categoría en solitario o LONESTAR de Óscar González quizais o máis aplaudido por ser o único solitario que conseguiu terminar a regata.

O premio da RANC na xeral levoullo o MENUDETA de Francisco Carrión e o trofeo Club recibiuno o Club Náutico de Sada.

21 de xullo de 2014 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.