Finalizan as obras de instalación de novos servizos e nova pavimentación no núcleo riveirense de Cruxeiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa da finalización dunha nova actuación consistente na instalación de redes de saneamento, pluviais e abastecemento e dunha nova pavimentación no lugar de Cruxeiras, un núcleo situado na parroquia de Santa Uxía, subindo dende o barrio de Fondevila.

A empresa Tarrío y Suárez, S.L., foi a empresa adxudicataria das obras, cun investimento superior aos 187.000 euros.

A zona de actuación crecía de rede de saneamento e pluviais. Ademais, o pavimento de formigón estaba bastante deteriorado e había un camiño con firme de zahorra intransitable na época de chuvias.

O proxecto elaborado por técnicos municipais contemplou, no que respecta ao saneamento, estender 285 metros de tubaxes de PVC compacta (con diámetros de 235 e de 50 milímetros dependendo da zona) e pozos de rexistro. Tamén implicou a colocación de 270 metros de tubaxe de PVC corrugado para pluviais, de diámetros de 235 e 25 milímetros, así como a instalación de arquetas sumidoiro, pozos de rexistro e acometidas domiciliarias.

Ampliación do ancho da vía

O ancho da vía foi significativamente ampliado nalgún tramo e pavimentouse con formigón en cores gris e vermello.

Tamén se instalou unha liña de alumeado e colocáronse 16 puntos de luz.

24 de xullo de 2014 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.