Decenas de cativos xa disfrutan do novo parque infantil situado en Abesadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Novo parque infantil

Novo parque infantil

O Concello de Riveira informa de que esta mesma tarde acaba de ser aberto o parque infantil de Abesadas despois da súa ampliación e renovación integral, e cóntanse por decenas os nenos e nenas que xa están disfrutando da nova área recreativa.

A área de xogo conta con máis de 600 metros cadrados de superficie, na que sobresae unha inmensa estrutura multixogos con todo tipo de tobogáns, pontes e outros.

Ademais, o parque conta tamén cun xogo rocódromo, un columpio e un balancín, entre outros elementos. Todo isto, sobre un pavimento con caucho continuo de catro centímetros de espesor e unha valle perimetral de polietileno de alta densidade de 80 centímetros de altura.

17 de xullo de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.