Conclúen as obras no parque infantil de Bretal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Parque infantil de Bretal

Parque infantil de Bretal

Se o venres pasado dábase conta da apertura dun novo parque infantil no barrio riveirense de Abesadas, dende a presente semana os cativos e cativas xa poden disfrutar ademais doutro recinto recreativo na parroquia de Olveira, fronte á igrexa de Bretal.

Así, operarios da empresa Galitec Desarrollos Tecnológicos, S.L., xa finalizaron as obras de instalación da nova infraestrutura, que substitúe ao vello parque infantil que alí estaba enclavado.

De acordo coas últimas tendencias en este sector, a instalación consta dun equipo cominado multixogos sobre unha superficie de caucho corrido.

A actuación comportou un investimento de 32.670 euros.

22 de xullo de 2014 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.