Conclúen as obras de instalación de pluviais e nova pavimentación na rúa Atalaia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa da finalización dunha nova actuación consistente na pavimentación e instalación de servizos da rúa Atalaia en Corrubedo, vía que se sitúa no entorno da igrexa desta parroquia. Con esta nova iniciativa proséguese coas tarefas de humanización e acondicionamento do casco histórico do núcleo.

A obra afectou tamén a un tramo de Rocapellón e a unha vía transversal que conecta as dúas rúas. Foi acometida pola empresa Río Sieira, S.L., e comportou un investimento de 56.428,96 euros.

O pavimento estaba formado por pavimento de formigón e atopábase deteriorado en varios puntos. Ademais, carectía de rede separativa de alcantarillado, descorrendo as augas fecais e pluviais por un único colector.

A raíz da actuación dispuxéronse 39 metros de colectores de PVC SN4 compacto de 315 milímetros de diámetro para fecais; mentres que para pluviais se instalaron 59 metros de colectores de PVC SN8 corrugado de 315 milímetros. Tamén se colocaron pozos de rexistro e arquetas sumidoiro.

En canto á pavimentación, na rúa Atalaia colocaranse diversos tipos de pedra para lograr un debuxo semellante ao das áreas próximas. Máis en particular, empregaranse lousas de granito de 60 x 40 x 8 centímetros combinadas con adoquíns de granito coa cara vista abuxardada de 20 x 10 x 8.

Nas rúas Rocapellón e transversal empregouse pavimento de adoquín prefabricado de formigón de cores gris e vermello.

21 de xullo de 2014 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.