Cine de verán no Porriño coa proxección de “Los Croods”
O vindeiro martes, 22 de xullo, ás 22:00 horas a praza de San Sebastián de Porriño acollerá unha sesión de cine ao aire libre, como noutras ocasións nesta época, pero coa peculiaridade de que, neste caso, proxectarase a película en gran formato.
“Los Croods”, un filme de animación e aventuras para todos os públicos proxectarase nunha gran pantalla de 14 x 9 metros. Esta comedia prehistórica segue á que foi a primeira familia do mundo mentres se embarcan na viaxe da súa vida, cando a cova que sempre os protexeu do perigo é destruída. Viaxando por unhas espectaculares paisaxes, os Croods descobren un incrible novo mundo repleto de criaturas fantásticas e a súa forma de ver a vida cambiará para sempre.
Un bo plan para toda a familia organizado por Gas Natural Fenosa en colaboración coa Concellaría de Cultura de Porriño que dirixe Teresa Veloso.











