Chenlo prepara a VI Festa do Cabrito ó Espeto
O vindeiro domingo 3 de Agosto, a Entidade Local Menor de Chenlo celebrará VINA Festa do Cabrito ó Espeto”. O campo de fútbol será o escenario deste evento que permite recuperar a forma tradicional de cociñar o cabrito nesta zona.
A implicación de todos os veciños que participan na organización, e a colaboración da Entidade Local Menor de Chenlo e do Concello de Porriño, conseguen que, na súa sexta edición, a Festa do Cabrito de Chenlo sexa xa un referente na provincia.
A partir das 11.00 horas terá lugar unha degustación de petiscos, e desde primeira hora da mañá, a comisión organizadora comezará a asar os cabritos que, ao redor das 13.30 horas, serviranse na comida popular. O prezo será de 20 euros por cada ración de cabrito, 12 euros a ración de churrasco, 180 euros un cabrito enteiro e 90 euros medio cabrito. Todas inclúen empanada, patacas, bebida, pan, café e un pedazo da raia.
Durante toda a xornada amenizará a festa un grupo de gaiteiros e, a partir das 17.00 horas actuará o grupo musical 3.COM. Pola tarde levará a cabo o sorteo dun Cabrito dos Cabreiros de Chenlo e varios agasallos entre todos os asistentes.
Xa se pode realizar a reserva de racións chamando aos teléfonos 607 775 525 ou 647 142 782.











