ATIGA e CDTI celebran en AIMEN unha xornada informativa sobre instrumentos de apoio á I+D+i

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

A Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), en colaboración co Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI), celebrará mañá venres, 4 de xullo, no Porriño, unha sesión informativa para dar a coñecer ás empresas galegas as liñas de financiamento do CDTI en proxectos de I+D+i.

Dita xornada, que terá lugar o novo Centro de Aplicacións Láser de AIMEN, no Porriño, (Polígono Industrial SUR-PI-2 (Sector 2), Parcela 3. Coordenadas: 42º 8’ 31” N 8º 38’ 13” O) a partir das 10:00 horas, está dirixida a sectores industriais afíns aos centros tecnolóxicos integrados en ATIGA, como son automoción, metal, pesca, conserva, telecomunicacións, etc.

O obxectivo principal deste encontro reside en informar as empresas sobre as oportunidades de financiamento existentes para proxectos de I+D+i, así como presentarlles os instrumentos de apoio promovidos polo CDTI. Ademais, as empresas interesadas terán a oportunidade de recibir asesoramento personalizado man de técnicos do CDTI mediante reunións bilaterais previamente fixadas.

3 de xullo de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.