“Agra” e “Denon de mirandola” proclámanse mellores can británico e continental no Certame de Caza Práctica Cidade de Riveira
O pasado domingo disputouse no municipio a primeira edición do certame Caza Práctica Cidade de Riveira, organizado pola Sociedad Caza e Pesca Barbanza coa colaboración de Carlos Lalín e o citado Antonio Olveira.
A cita desenvolveuse en dúas zonas: Chans de Folgoso (na Curota) e no campo de adestramento canino localizado en Corrubedo, preto dos campos de Teira. 36 foron os concursantes inscritos: 31 de razas británicas e 5 de continentais.
Na modalidade de cans británicos, o can mellor clasificado (con resultado de excelente) foi Agra de Torres da Varela, un pointer femia pertencente ao cazador Carlos Lalín.
Segundo (coa calificación de moi bo) foi un setter macho, Aragón, propiedade de Sergio Rodríguez; en tanto que o terceiro posto (tamén moi bo) foi Alba de Torres da Varela, un pointer femia de Carlos Lalín.
Cuarto e quinto foron Brío, pointer macho de Fernando Manso; e Halcón de Reina Dama, setter macho de José María Carnota.
Entre os continentais, o can mellor clasificado foi Denon de Mirandola (excelente), un braco alemán de Vicente Cortés; seguido de Piti (moi bo) un grifón cortais de Andrés Pena.
Por outra parte, cómpre informar de que, se o tempo o permite, este domingo 13 de xullo disputarase o Campionato Provincial de Caza San Huberto que non se pudo celebrar o sábado pasado pola mala meteoroloxía. Dará comezo ás 10 horas en Chans de Folgoso no monte Curota.











