A Selección Española Cadete de Taekwondo estará no campamento Soño Olímpico en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesRiveira
A-
A+

Uns 160 deportistas e 40 adestradores comparecerán a semana que vén na sexta edición do campamento de verán Soño Olímpico, que terá lugar do 14 ao 20 de xullo no camping de Ría de Arosa 2, erixíndose nun foro de formación e perfeccionamento para especialistas de alto nivel en taekwondo de todo o mundo.

O evento foi presentado este mediodía no Consistorio polo concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez, xunto ao presidente do Natural Sport, José Francisco Agrelo, e os profesores Salvador Allende (de México) e Gerardo Ortiz (de Cuba).

Unha gran novidade desta edición é que o campamento servirá de base á selección española en categoría cadete, que vai ultimar a súa preparación en Riveira antes de disputar unha semana despois o Campionato Mundial en Bakú (Azarbaiyán). Segundo Juan Luis Martínez, isto marca “un antes e un despois nas relacións entre o club e a Federación Española de Taekwondo” e expresou a súa confianza en que a selección nacional teña a Soño Olímpico como referente en edicións posteriores.

Ademais, destacouse que a cara solidaria da iniciativa irá destinada este ano a unha entidade e a un deportista: Cáritas de Riveira (que recibirá un importe de entre 700 e 1.000 euros) e o xoven piloto de motocross Roberto García (que recibirá 300).

Soño Olímpico Kids

Tamén se informou de que na semana en curso se está realizando o segundo campamento Soño Olímpico Kids, con 20 cativos de idades entre 6 e 10 anos, desexosos de iniciarse neste deporte de combate. Salvador Allende é o encargado da súa instrución.

10 de xullo de 2014 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.