A praza de Compostela en Riveira albergará un concerto de fados en galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioRiveira
A-
A+

A praza de Compostela vai dar cabida este xoves, día 10 de xullo, ás 21 horas, a unha nova actividade cultural consistente nun concerto de fados en galego denominado “Os sons do vento que pasa”.

A actuación estará protagonizada por Gonçalo Guerreiro á voz e por Dani Pais á guitarra eléctrica, o que lle outorgará ao espectáculo unha dimensión máis contemporánea. Dará comezo ás 21 horas.

A iniciativa está promovida pola Rede de Dinamización Lingüística dentro do programa Falaredes que organiza a Secretaría Xeral de Normalización Lingüística da Xunta.

8 de xullo de 2014 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.