A praia da Catía xa está conectada coa zona do Carreiro a través dunha nova pasarela de madeira de 175 metros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A Concello de Riveira informa do remate dunha actuación en virtude da cal foron instalados 475 metros de pasarela de madeira na praia da Catía.

Se hai unhas semanas se daba conta da realización dun primeiro tramo de 300 metros de longo para conectar este areal co de Castro en Castiñeiras, agora se deu conclusión a outro sector dunha lonxitude de 175 metros que enlaza coa zona do Carreiro.

Da instalación encargáronse catro carpinteiros contratados ao efecto, unha vez concluíu o obradoiro Tahume que deu inicio á actuación.

Bancos de madeira

Así mesmo, os operarios procederon a instalación duns singulares bancos de madeira no primeiro dos tramos citados (o que vai cara Castro) para disfrute dos viandantes e usuarios do areal.

Toda a actuación foi realizada con madeira tratada adquirida á empresa Comercial Mallo Area, S.L. tras o correspondente concurso de subministro.

1 de xullo de 2014 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.