A FIG acollerá unha multitudinaria partida nacional de Airsoft, deporte de estratexia baseado na simulación militar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocal PortadaSilleda
A-
A+
Stand da Asociación Galega de Airsoft na Fecap

Stand da Asociación Galega de Airsoft na Fecap

O recinto Feira Internacional de Galicia acollerá os días 6 e 7 de setembro unha multitudinaria partida nacional de Airsoft, un deporte de estratexia baseado na simulación militar creado en Xapón trala Segunda Guerra Mundial e estendido por todo omundo no que se empregan réplicas de armas de fogo que disparan pequenas bolas biodegradables de alcance limitado e equipamento parecido ao militar, e que discorre en escenarios similares aos da guerra real.

Esta competición, organizada pola Asociación Galega de Airsoft, contará cun mínimo de 200 participantes, que poden se moitos máis, procedentes tanto da Comunidade como de distintos puntos de España.

O primeiro día desta convocatoria os asistentes recibirán o guión do xogo, conformarán os distintos equipos e unidades e recoñecerán o terreo,para competir xa o segundo día nun horario aproximado de 9:00 a 17:30 horas, en función do transcurso da partida. Ao remate, o equipo gañador será aquel que consiga o maior número de obxectivos.

Esta partida, que transformará o recinto nun campo de batalla no que se instalarán elementos como muros ou trincheiras, será unha das poucas de ámbito nacional que se celebrarán este ano. Ademais, si a experiencia é positiva, especialmente en canto ao terreo, a pretensión dos organizadores é realizar unha partida a nivel europeo desta disciplina pouco coñecida pero que conta con gran número de afeccionados, tamén en Galicia.

Toma de contacto no recinto o día 27

A Asociación Galega de Airsoft, con sede en Lalín e que xa participou como expositor na Feira de Caza, Pesca e Natureza (Fecap 2014), celebrada no recinto coincidindo coa Semana Verde, acudirá á Feira Internacional de Galicia o vindeiro día 27 de xullo para levar a cabo unha toma de contacto co terreo e coñecer as condicións operativas do mesmo.

Serán en torno a 40 persoas deste colectivo as que acudan,totalmente equipadas, a realizar estas probas de cara á partida nacional de Airsoft, cuxa celebración é manifestación da nova liña de apertura da Fundación Semana Verde de Galicia a todo tipo de actividades e eventos no recinto, así como das posibilidades que ofrece este para levalas a cabo.

23 de xullo de 2014 | 11:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.