publicidade hoxe

A asociación Aspavi entrega en Pazos de Borbén os diplomasde fin de curso aos seus alumnos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+
Entrega de diplomas de Aspavi

Entrega de diplomas de Aspavi

O Centro Ocupacional e de Día da Asociación de Pais de persoas con discapacidade intelectual de Vigo (ASPAVI), situado en Pazos de Borbén, acolleu esta mañá a entrega de diplomas ao trece alumnos que participaron no curso de mecanografía e iniciación á informática realizado pola asociación durante os últimos meses. A concelleira de Educación e Servizos Sociais, Montserrat Fragueiro, fixo entregade os certificados aos participantes cos que compartiu despois un intre divertido cuns refrescos para soportar as altas temperaturas.

Antes da entrega de diplomas, a concelleira agradeceu e felicitou aos voluntarios polo seu esforzo e traballo durante estes meses así como á asociación por manter, despois de 14 anos, “un labor incrible favorecendo a integración”. O curso pretendía fomentar entre os participantes o interese pola informática ademais de proporcionarlles certa soltura no manexo de conceptos básicos como os procesadores de texto. Despois de recibir os seus novos títulos, os participantes gozaron dun intre en compañía da edil e os organizadores do curso no que compartiron impresións para próximos ciclos como o de Facebook, internet…

A asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual de Vigo (Aspavi), agrupa a familias da provincia de Pontevedra coa intención de favorecer a asistencia, protección, benestar, orientación, desenvolvemento e promoción integral das persoas con discapacidade intelectual.Constitúese en Vigo en marzo do ano 2000 e comeza a dar servizo en setembro dese mesmo ano.A súa actividade continúa nesta cidade ata que en novembro de 2008 terminaron as obras de construción do Centro de Día e Ocupacional ASPAVI, no concello de Pazos de Borbén, nunha parcela cedida pola comunidade de Montes de Santa Maria de Pazos. A asociación forma parte do movemento asociado Fademga e está declarada de utilidade pública.

15 de xullo de 2014 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.