Uns corenta cativos aplaudiron a actuación de Carmen Domech na Biblioteca de Riveira
Foron arredor de corenta os nenos e pais que o pasado sábado déronse cita na Biblioteca Municipal de Riveira para asistir a unha nova actuación educativa concibida para dinamizar este espazo. Nesta ocasión, Carmen Domech ofreceu un espectáculo titulado “Contacontos dos libros contentos”, que espertou os aplausos do público congregado.
Se ben xa rematou o Maio Cultural, os Sábados de Libro na Biblioteca teñen continuidade no Xuño da Cultura e as Artes. Así, a recoñecida escritora Yolanda Castaño porá en escena o vindeiro día 7 ás 12 do mediodía unha actuación chamada “A poesía non morde”.











