Uns 50 escolares do colexio O Grupo de Riveira festexaron o Día dos Océanos cunha visita a unha embarcación gardacostas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Visita dos escolares á embarcación

Visita dos escolares á embarcación

Nin sequera a chuvia amilanou aos cincuenta alumnos do CEIP O Grupo de Riveira que quixeron conmemorar o Día Internacional dos Océanos.

Os cativos tiveron oportunidade de visitar unha das embarcacións do Servizo de Gardacostas de Galicia, atracada para a ocasión nun pantalán do porto de Santa Uxía.

Diploma de grumete

Os pequenos tiveron oportunidade de escoitar da voz dos tripulantes como é o día a día do traballo de gardacostas, ademais de aprender para que serven os aparatos da ponte ou escoitar o ruído dos motores. Para finalizar a súa visita, cada un recibiu o seu diploma de grumete.

O evento contou coa presenza do xefe territorial da Consellería de Medio Rural e Mar da Xunta de Galicia, Antonio Aguión, e da conselleira de Educación de Riveira, Maricarmen Vizcaya. Ambos declinaron ser eles os que se encargasen de cortar a cinta inaugural do acto, para que fosen os rapaces os que fixesen o propio e se sentisen en todo momento os protagonistas da celebración.

6 de xuño de 2014 | 12:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.