Uns 30 cativos do Conservatorio de Riveira ofreceron un concerto no auditorio municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Concerto fin de curso

Concerto fin de curso

Arredor de 30 alumnos de 1º e 2º Grao Elemental do Conservatorio de Música Profesional de Riveira protagonizaron no serán de onte a primeira función de Menudo Concerto: unha das iniciativas incluídas dentro da programación do Xuño da Cultura e as Artes.

Os pequenos marabillaron ao numeroso público congregado no Auditorio Municipal cunha trintena de pequenas actuacións nas que demostrar todo o aprendido ao longo deste curso e a destreza adquirida ao tocar instrumentos como o piano, a guitarra, o violín, o clarinete ou o saxofón.

Tras case unha hora de concerto, os virtuosos músicos despedíronse dende enriba do escenario en compañía do director do centro, Álvaro López, e da edil de Educación Maricarmen Vizcaya, quen expresou o compromiso do Concello por seguir apoiando e divulgando a aprendizaxe musical.

Menusdo Concerto proseguirá esta tarde cunha nova función no Auditorio de Riveira ás 19.15 horas. A entrada é libre.

18 de xuño de 2014 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.