Un traballador sofre importantes lesións en Silleda tras precipitarse dende o tellado dunha nave
Un traballador sofre “lesións importantes” tras precipitarse este xoves dende o tellado dunha nave na localidade pontevedresa de Silleda.
Diso informou o Servizo de Emerxencias-112 Galicia, que detallou que os feitos tiveron lugar na rúa Morón sobre as 17,00 horas.
Dada a “importancia” das lesións, mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Ata o lugar tamén se desprazaron a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.
A maiores, o Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) de Redondela (Pontevedra) e os Bombeiros de Vigo excarceraron o condutor dun turismo que quedara atrapado tras colisionar cun camión na N-550 sobre as 14,00 horas.











