Un total de 152 nenos son admitidos na escola infantil municipal de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira fixo público a relación de admitidos na Escola Infantil Municipal de Riveira para o curso 2014-2015.

En total son 152 os nenos e nenas que cumpren os requisitos para acceder a este servizo, cuxas instalacións están situadas en Cubeliños. Dos mesmos, 67 figuran por renovación de matrícula (14 no curso de 1 a 2, e 53 no de 2 a 3) e os 85 restantes son novas solicitudes (5 de 0 a 1; 38 de 1 a 2; e 42 de 2 a 3).

Unicamente dúas persoas foron excluídas (un por non cumprir os requisitos e o outro por ir fóra de prazo). Hai un terceiro caso no que se está pendente de documentación.

2 de xuño de 2014 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.