Un centenar de estudantes do Porriño festexan a súa gradación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Graduación no IES Pino Manso

Graduación no IES Pino Manso

O alcalde do Concello do Porriño, Nelson Santos, e a concelleira de Educación Ana Martínez asistiron o pasado venres á gradación do alumnado de segundo curso de Bacharelato dos dous institutos do municipio. No Ribeira do Louro se graduaron 38 estudantes e no Piñeiro Manso 74. Ambos os actos, aos que acudiron familiares, amigos e profesorado dos centros (encabezados polos seus directores Juana Rosa Muñoz e Juan Aguilar), estiveron presentados polos propios mozos que deron paso a diversas intervencións e tamén a un vídeo conmemorativo con fotografías de todos eles, rematando coa entrega dos diplomas.

O alcalde felicitou aos máis de cen estudantes que este curso finalizan a súa estancia no instituto, desexándolle sorte e moitos éxitos na nova etapa, trasladándolles unha mensaxe de positivismo, deixando de lado a negatividade, “o positivismo debe ser o voso libro de cabeceira, o libro dos valores, o da loita, o esforzo, a constancia, a profesionalidade, a humanidade e o éxito”, sinalaba Santos engadindo que “será a vosa valía o que importe; serán as vosas ganas de aprender e de mellorar as que vos fagan grandes; serán os vosos actos, os vosos logros, as metas conseguidas, as que se convertan na vosa carta de presentación e as que vos definan como persoas e como profesionais”. O rexedor local recomendoulles “seguir estudando e formándose para nun futuro ser máis competente á hora de afrontar a inserción no mercado de traballo”. As felicitacións foron tamén para todo o profesorado e para os pais, “polo traballo excelente”.

No acto celebrado no IES Ribeira do Louro incluíuse, ademais, unha lectura de poemas e no do IES Piñeiro Manso, que se desenvolveu no Círculo Recreativo Cultural de Porriño, contouse coa presenza dunha antiga alumna que narrou toda a súa traxectoria profesional desde a súa saída do instituto, a modo de exemplo a seguir por calquera alumno.

2 de xuño de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.