Trescentos estudantes de Riveira plasman cunha exposición a súa visión da arte de vangarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Mostra de arte de vangarda dos estudantes de Riveira

Mostra de arte de vangarda dos estudantes de Riveira

Uns trescentos alumnos do colexio Galaxia involucráronse nunha exposición que dende o día de hoxe e dentro da programación do Xuño da Cultura e as Artes se está a exhibir na Casa da Xuventude de Riveira. Trátase de “Versións de Vangarda”, que recrea as visións dos rapaces a obra de distintos autores e manifestacións deste movemento artístico.

Así, quen se achegue ás instalacións municipais situadas na avenida da Constitucións poderá contemplar diferentes versións cromáticas dunha creación de Kandinski, debuxos realizados baixo a influenza de Miró ou versións do coñecida obra pictórica “O Grito” de Munch. Tamén se exhiben nas paredes do inmoble os autorretratos de todos os nenos implicados, realizados baixo unha estética cubista, e repousan sobre as mesas decenas de pedras pintadas con motivos étnicos, como peixes, lagartos, etc…

Todo este inxente labor foi realizado polos rapaces de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria e de 1º de ESO, baixo a coordinación do seu profesor Fernando Yáñez.

Inauguración

Precisamente este mestre do Galaxia foi un dos intervenientes no acto inaugural deste mediodía, xunto coas concelleiras de Educación e de Igualdade, Maricarmen Vizcaya e Elvira Pisos, e de Carlos, un dos alumnos implicados na exposición, que foi ovacionado polos seus compañeiros.

Todos eles tiveron ocasión ademais de ver un vídeo no que se amosou de xeito resumido o proceso de elaboración das obras.

A mostra estará aberta ata o 20 de xuño e poderá ser visitada gratuítamente de luns a venres, de 9 a 14 horas e, ata o día 15, tamén polas tardes os luns e os xoves de 16.30 a 20 horas.

5 de xuño de 2014 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.