Silleda Emprega incorpora as ofertas de emprego da Fundación Amigos de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

A Concellería de Emprego de Silleda vén de incorporar, no seu apartado de difusión de ofertas laborais, o boletín informativo da Fundación Amigos de Galicia. Así, dentro das liñas de colaboración abertas entre esta entidade e o Concello de Silleda, dende o programa Silleda Emprega vaise dar a coñecer, a través da web municipal, o boletín informativo que edita a fundación, dende o seu departamento de orientación laboral.

“Dende a concellería de Emprego, e en particular dende a bolsa de emprego, consideramos fundamental informar aos usuarios do maior número posible de  ofertas laborais”, sinala a concelleira Pili Peón, que agradece á Fundación Amigos de Galicia a elaboración desta publicación que agora se difundirá periódicamente dende a web municipal, no apartado Silleda Emprega.

9 de xuño de 2014 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.