Rula Fernández actuará na biblioteca de Riveira con “Contos para a paz”
A Biblioteca Municipal converteuse outro sábado máis nun espazo no que a literatura infantil foi a grande protagonista, coa actuación da contacontos Rula Fernández.
A artista cativou aos nenos e nenas congregados na instalación co seu espectáculo “Contos para a paz”, co obxecto de educar en valores aos pequenos ao tempo que mergullalos no mundo dos libros e as historias.
Os Sábados de Libro na Biblioteca é unha acción promovida pola Concellería de Educación e incardinada no Xuño da Cultura e as Artes de Riveira.











