Riveira retira as cerámicas alusivas a Primo de Rivera e Franco na avenida do Malecón e na rúa de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira desexa expresar o seu agradecemento ante as facilidades dadas para a retirada das placas de cerámica alusivas a José Antonio Primo de Rivera e a Generalísimo Franco por parte das familias propietarias dos inmobles en cuxas fachadas estas estaban colocadas.

Operarios dunha empresa especializada procederon dende primeira hora desta mañá á supresión das devanditas placas, substituíndoas por outra dun aspecto semellante nas que se indican xa as actuais denominacións oficiais destas vías (Avenida do Malecón e Rúa de Galicia).

Cómpre lembrar neste senso que o Concello pedira autorización aos propietarios dos edificios –e tamén das propias cerámicas alí situadas- para proceder á súa retirada, en consonancia co que se dispón na popularmente coñecida como Lei de Memoria Histórica.

12 de xuño de 2014 | 12:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.