Riveira convoca o procedentemento para a concesión de axudas de inserción socio-familiar
O Concello de Riveira vén de convocar o procedemento para a concesión de axudas de inserción socio-familiar para o exercicio 2014/2015, cuxo prazo para presentar as solicitudes é de quince días contados a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Provincial da Provincia, feito que aconteceu no día de hoxe.
Esta convocatoria ten por obxecto establecer os criterios e o procedemento para a concesión de axudas á escolarización durante o curso escolar 2014/2015, de acordo cos principios de obxectividade, concorrencia competitiva e publicidade.
As achegas reguladas teñen como finalidade o cofinanciamento das seguintes adquisicións e servizos: libros de texto (só para educación infantil), materiais didácticos para ciclos formativos e bacharelato e asistencia a comedores escolares.
Poderán optar a estas subvencións as persoas que reúnan as seguintes condicións:
■ Que a unidade familiar á que pertenza o neno ou nena participe nalgún programa de intervención desenvolto polo Área de Servizos sociais do Concello de Riveira.
■ Adicionalmente, os rapaces e rapazas beneficiarios das axudas deberán cursar estudios de educación infantil, primaria ou secundaria, bacharelato ou ciclo formativo nalgún centro educativo do Concello no curso escolar 2014/2015.
Os obxectivos que se pretenden acadar son:
1.1.–Obxectivos estratéxicos, ou de primeiro nivel: A integración dos rapaces e rapazas –empadroados no Concello de Riveira– susceptibles de atoparse en situacións de exclusión social.
1.2.–Obxectivos instrumentais, ou de segundo nivel.
a) Desenvolver –desde os servizos sociais municipais– accións específicas orientadas ao ámbito familiar dos nenos e nenas que presenten risco de exclusión.
b) Conciliar a vida laboral e familiar dos pais ou titores dos nenos e nenas beneficiarios.
c) Que os rapaces e rapazas obxecto da convocatoria conten ao comezo do curso escolar co material didáctico que precisen.
d) Promover a participación destes rapaces en actividades socieducativas complementarias de carácter extraescolar, co fin de propiciar a convivencia co resto da poboación escolar.
As solicitudes deberán presentaranse no rexistro xeral do Concello de Riveira, ou en calquera outros rexistros públicos aos que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O prazo para presentar as solicitudes é de quince días, contado desde o día seguinte á publicación da convocatoria do BOP de hoxe. Non obstante o anterior, ao longo do exercicio orzamentario poderán presentarse solicitudes que, por circunstancias novas ou por causas imprevisibeis e excepcionais, non puidesen terse achegado no prazo sinalado no apartado anterior.











