Riveira acollerá a primeira velada de TK-5 en Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaRiveira
A-
A+

Mañá día 28 de xuño (a partir das 21:00 horas, Polideportivo Municipal da Fieiteira) celebrarase, por vez primeira en Galicia, un campionato de taekwondo en formato TK-5. O evento, con fins solidarios, contará cun cartel de luxo. Esta modalidade de combate, que se disputa entre equipos de 5 deportistas, está a facer estrago alá onde se organizan, xa que resulta moi dinámico e espectacular. Xa están definidos totalmente os 9 equipos que disputarán a Reunión Solidaria de TK5. Un total de 56 deportistas daranse cita neste novidoso evento, onde hai 21 campións nacionais e 10 medallistas europeos. Agora só faltan coñecer os cruzamentos. Na categoría feminina, hai que destacar ao conxunto de casa, o Natural Epadhax Riveira, con: Ainara Brión (campioa de Europa de Clubs); Laura Dosil (campioa de España júnior); Beatriz Parada (bronce no campionato de España sub 21); Lara Ouviña; (subcampioa de Europa de clubs) e Katya Calvar (campioa de España absoluta). Os técnicos serán Jesús Benito e Juan Luis Martínez. O cartel masculino está formado polo Club Monte Oliva (medalla Nacional de Clubs), Selección de Baleares (campións da Copa do Rei), Sporting Club de Braga (campións de Portugal e con medallistas europeos e mundiais no equipo) e o Natural Epadhax Riveira (7 veces campión de España). A clasificación para a final será a eliminatoria directa.

Ademais, como previa, realizarase un TK-5 para rookies (deportistas de categorías base júnior e sub 21), entre os equipos masculino Sporting Club Braga (Portugal) – Natural Epadhax Riveira e feminino Mace Sport (Pontevedra) – Natural Epadhax Riveira. Grupos de exhibición. Para amenizar o descanso entre combates, contarase con grandes grupos de exhibición e freestyle, co obxectivo de promover o noso deporte en todos os seus ámbitos. Entre eles destacamos ao Olimpic de Vilagarcía (campións do mundo de exhibición), o Mace Sport de Pontevedra ou o Kiap de Vigo na modalida de freestyle. Asimesmo as escolas de Natural Sport realizarán un pequeno festival nas horas previas á reunión. Acto benéfico. Os beneficios da recadación irán parar ás mans de Cáritas Parroquial de Riveira, organización que está a realizar un traballo excelente en relación á axuda aos máis necesitados. Por iso, a través do Natural Sport e de todo o taekwondo galego queremos achegar o noso granito de area para que esta organización siga contando cos medios e recursos apropiados. O custo da entrada será de 5 euros.

27 de xuño de 2014 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.