Requisan 41 quilos de peixe na lonxa de Riveira a dúas mulleres sen carné de comprador
O Concello de Riveira informa de que onte pola tarde na Lonxa foron requisados 41 quilos de peixe a dúas mulleres que non dispuñan do correspondente carné de comprador.
Operarios desta instalación de xestión municipal fixéronse cargo desta mercancía (24 quilos de faneca, 16 quilos de serrán e 1 quilo de pescada), que despois foi doada ao Centro de Maiores de Riveira.
Dende a Lonxa deuse aviso desta inciencia á Policía Local, se ben no momento en que os axentes de orde público se personaron no lugar dos feitos as mulleres xa tiñan abandonado a instalación.











