Primeiros alumnos no curso gratuíto de composición e combo en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Hoxe venres deu comezo no Local de Ensaio de Riveira o Curso de Composición e Combo que quere servir de preparativo á Escola de Rock e Música Popular que se porá en marcha no outono na citada instalación municipal, situada no edificio do Auditorio.

Unha decena de mozos asistiron á primeira das clases, impartidas por Víctor Álvarez. Ademais de conversar sobre a mecánica do curso, os participantes tiveron oportunidade de sacar as guitarras e probar algúns dos equipos do local de ensaio.

Prazas vacantes

Non obstante, aínda hai prazas vacantes e aqueles que se queiran sumar ao curso, totalmente gratuíto, poden facelo na Casa da Xuventude (email: xuventude@riveira.com; teléfono: 981 835 289)

Cómpre lembrar que a acción formativa se prolongará durante dous meses, con clases teóricas e prácticas os venres, sábados e domingos, a partir das 11 horas.

A iniciativa está organizada polo Concello con colaboración de La Casita Records.

20 de xuño de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.