Os rapaces de Riveira poderán disfrutar de 20 escolas deportivas durante o verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Un total de 20 escolas deportivas integrarán a oferta que o Concello de Riveira pon a disposición dos veciños este verán. De estas, oito son organizadas directamente pola administración municipal, en tanto que as doce restantes contan para a súa posta en marcha coa implicación de diversos clubs do municipio que se encargan da súa organización.

O concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez e o técnico municipal Javier Sampedro deron conta este mediodía desta ampla programación.

Como novidades, destacaron a incorporación este ano de escolas deportivas de pádel, baby pádel, boxeo, judo e taekwondo, así como unha orixinal escola de iniciación aos deportes olímpicos, onde os rapaces terán oportunidade de recibir clases de atletismo, natación, taekwondo, boxeo e baloncesto: unha por cada día da semana de luns a venres.

O resto de especialidades son: aerobic xóvenes, baloncesto, patinaxe, tenis, triatlón, xadrez, remo, natación, fútbol (con dous alternativas, unha organizada polo Xuventú Aguiño e outro polo Sálvora C.F.), kempo (tamén con dous posibilidades, segundo a organización corra a cargo do Club Kenpo Riveira ou do Club Kempo Barbanza), atletismo e vela.

Conciliación

Outra atractiva proposta desenvolvida o verán polas oportunidades de conciliación que ofrece é o Campamento Deportivo que se desenvolverá no IES Número 1, de luns a venres de 10 a 12 horas. Hai 50 prazas convocadas e está dirixido a nenos nados entre 2008 e 2002.

O período de inscrición para todas estas posibilidades está aberto a partir do vindeiro día luns 16 de xuño e ata o día 25, estando previsto o inicio das clases para o 1 de xullo. A reserva de praza poderá formalizarse en persoa no Complexo da Fieiteira (aqueles que o fagan por este sistema terán preferencia), por teléfono no 981 873 646 ou por correo electrónico enviando un email adeportes@riveira.com

12 de xuño de 2014 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.