Os alumnos máis xóvenes do taller de pintura 2 NN D’Arte mostran as súas obras no Porriño

Inauguración da exposición de pintura no Porriño
As concelleiras de Cultura e Educación do Concello de Porriño, Teresa Veloso e Ana Martínez, respectivamente, acudiron na tarde de onte á inauguración dunha mostra de pintura dos alumnos do taller 2 NN D’Arte impartida polos artistas locais Nito Pereiro e Nuria Vilanova. “É moi satisfactorio contar con xente nova como vós, interesados pola arte e a cultura, que valoredes desde pequenos estas cuestións que axudan e complementan a vosa formación”, subliñaba Veloso á vez que os animaba “a continuar participando de actividades como estas de as que poderedes sacar gran proveito nun futuro”.
A exposición, que se compón de 39 lenzos permanecerá aberta ao público até o vindeiro martes, día 17, que será cando se substituya pola das obras do grupo de adultos. Calquera persoa que pase polo Centro Cultural de Porriño, simplemente con asomarse, poderá observar estes traballos que colgan das paredes do hall do edificio.
Os profesores felicitaron a todos polo seu traballo e dedicación, sinalando a “a autonomía” como a mellor das calidades que un pode ter.
O alumnado do taller, que se realiza semanalmente nunha das aulas do Multicentro de Torneiros, acudiu xunto a familiares e amigos á inauguración da mostra. Son un grupo de 25 nenos e nenas de entre 6 e 16 anos que expoñen o resultado final a todo o traballo do curso 2013/2014. Trátase de óleo sobre lenzo, de temática diversa: paisaxes, bodegóns, abstractos… todas interpretacións de obras xa existentes creadas con moita imaxinación e cor.











